lembranzas do Ourense que desaparece

Derrubouse recentemente o edificio onde tivera D.Secundino Couto Solla as súas instalacións de materiais de construcción, que xa estaba en completo abandono dende hai moitos anos, situado na entrada da Ponte Nova esquina coa estrada de Oira. Ocupaba os socalcos da beira dereita do río Miño, onde había un conxunto de palmeiras que, lamentablemente, terminaron por desaparecer, e agora converteuse nun terreo do que non sabemos que se fará no futuro. Cando estaba en activo sempre tiña un par de lobos dentro dunha gaiola para gardar a fábrica ou polo menos para disuadir a que non a roubaran os ladróns.

Don Secundino foi un constructor moi notable sendo socio doutro mestre de obras, Uxío Lorenzo, que tiña o seu obradoiro cerca das Mercedes, e ámbolos dous, que viñeran a Ourense procedentes do concello pontevedrés de Cotobade, fixeron a maioría dos edificios do arquitecto Vázquez Gulias, as casas modernistsas más fermosas da cidade. Na fábrica do Couto Solla producíanse toda clase de derivados do cemento e contrataba obras públicas ou privadas, pavimento de rúas, edificios, e todo o relacionado coa construcción. Foi un home moi popular chegando a presidir como Alcalde a corporación de Canedo, antes da guerra civil

Tiña un fillo de nome Xusto Couto Domínguez ao que o alcumaban co nome de “Orellas”. Obviamente suponse por qué; era un rapaz moi listo que menos estudiar facíao todo moi ben: xogaba ao futbol, practicaba o ciclismo e a natación, e tocaba moi ben o violín. Pertencía ás mocidades galeguistas, e no ano 1936 participou nos xogos olímpicos populares de Barcelona que foran organizados co fin de facerlle o boicot aos xogos de Berlín en pleno réxime nazi, presididos po Hitler. Acompañárono a capital catalana,Ventura González Pereira, fillo do dono do Café Lisardo da Ponte, alcumado “O Vincha”, e outro mozo chamado Xelasio. Todos pertencían as mocidades galeguistas que tiñan a súa sede social na rúa de Santo Domingo n°28, que tamén o era do Partido Galeguista.

O Xusto Couto chegou a ser comandante de carabineiros, e despois da guerra foise exiliado a México onde morreu hai algúns anos. Os outros compañeiros de aventuras olímpicas correron sorte desigual. O Ventura González morreu no fronte alcanzado por unha bomba que lle esnaquizou a cabeza e o Xelasio, por vía francesa, pasou a Portugal e de aquí regresou a Galicia ao comezo da guerra civil.

Sirvan de lembranza estas breves liñas para a historia urbana da cidade que desaparece.

Advertisements

One comment

  1. Fenando Glez. · · Resposta

    SECUNDINO COUTO SOLLA, 1873, Natural de Mourente-Pontevedra. Presidente da Agrupación Socialista de Ourense, 1900. En la II Republica afiliase al Partido Radical Socialista e a Unión Republicana. [QUINTAS FERREÑO, F. J.: Historia do movemento obreiro socialita en Ourense(1895-1936).Fundación Luis TILVE.Concello Ourense. Ourense2012. Tu hijo Fernando.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: